Este nadal pode ser máis ecolóxico

Con Nadal Verde, aluga a túa árbore viva, desfruta dela todo o nadal e, ao remate das festas, recollémoscha no teu domicilio. Todo por só 22 € e sen que te teñas que mover da casa. Ademais poderás decorala en familia cos nosos adornos para montar e pintar.


Este nadal desfruta dunha árbore de verdade por só 22 euros

NATUREZA VIVA NO TEU FOGAR

Adornos de plástico?
Se celebras o nadal, desfrútao de verdade

Que mellor que facer a nosa propia decoración de nadal. Cos nosos adornos 100 % Ecolóxicos axudas á conservación do medio ambiente ao tempo que estimulas a creatividade dos máis pequenos da casa. Ademais podes mercar os agasallos inda que non alugues as nosas árbores, e por só 2,95 euros por envío levámoschos a calquera punto de Galicia.

A túa selección

{{ tree.name }}, {{ tree.model }} ({{ tree.price }} €) Eliminar
{{ decoration.nome }} ({{ decoration.quantity }} ud., {{ decoration.prezo * decoration.quantity }} €) Eliminar
Total: {{ grandTotal | number:2 }} €
IVE e gastos de envio (2.95 €) incluídos IVE e gastos de envio incluídos
Informacion paypal
Informacion tarxeta
Informacion transferencia
Informacion contrarreembolso

Tes árbores no teu pedido, as árbores só se sirven á comarca de compostela

O formulario está sen cubrir ou ten erros, por favor revisa que todos os campos estén cubertos correctamente.

{{ errorForm }}

Acerca deste proxecto

Proxecto lanzado por Ecovai.com para axudar a facer a decoración de Nadal o máis ecolóxica posible

Onde se producen as plantas?

Todas as árbores proceden de viveiros situados na Península. Algunhas producímolas nós, pero como non somos quen de atender toda a demanda existente, tamén llas mercamos a outros viveiros de produción. Sometemos todos os nosos pedidos a exhaustivos controis de calidade. Producindo e mercando así, conseguimos que no desprazamento das plantas a xeración de CO2 nos camións de reparto sexa a mínima posible. Ademais, os postos de traballo que se xeren quedan entre nós así como os beneficios que o proxecto empresarial orixine. As plantas como se producen aquí van estar perfectamente aclimatadas e sofren menos tempo de traslado, desta maneira o futuro resultado da súa plantación estará mellor asegurado.

Só producimos árbores aloctonas?

Non. Sabemos que a demanda de árbores no nadal se reduce xeralmente a abetos, salvo as demandas de acivro, e como non queremos encher os nosos montes só de  Abies, Nadal Verde comprométese a doar dúas árbores autóctonas (bidos, amieiros, salgueiros, castiñeiros, carballos, etc...)  a proxectos de restauración medioambiental ou centros de ensino, por cada árbore alugada que plantemos. Con isto axudaremos a manter a biodiversidade, e a fomentar a demanda nos viveiros locais de planta autóctona.

Cal é o futuro das árbores?

Cando as árbores xa non se poden seguir alugando (por cuestións de espazo no teu salón, e por garantir a supervivencia da árbore) plantámolas, ben nós en fincas próximas á tua cidade, ben donándoas a asociacións medioambientais ou administracións públicas. Deste xeito as árbores continuarán fixando CO2, vivindo e xerando máis vida.

En que consiste o apadriñamento dunha árbore?

Se queres que os teus fillos vexan como medra a súa árbore, por só 5 € anuais (que axudan a sufragar os gastos de xestión nas nosas instalacións) ao ano seguinte voltaremos a levarche a mesma árbore, cunha tarxeta co nome que a vosa familia decidiu poñerlle. No medio do ano enviarémosche un correo electrónico cunha foto da árbore e co saúdo que esta vos queira facer chegar.

Se estas interesad@ no apadriñamento fáinolo saber na túa orde de pedido.

Por que non entregamos pranta en todas as localidades?

A medida que o proxecto medra tentaremos ir ampliando as nosas zonas de cobertura. Desprazar unha soa árbore é custoso economica e ambientalmente. Sempre tentamos xuntar os pedidos para economizar o custo dos envíos e a incidencia da nosa pegada de carbono.

Zonas de reparto Nadal 2016

Santiago de Compostela, Teo, Ames, Brion, Vedra, Padrón, Rois

Como montar e pintar os eco-adornos?

Pica na seguinte ligazón para ver un pequeno tutorial sobre como pintar os nosos eco-xoguetes

 

https://www.youtube.com/watch?v=8l_JdIV_82s